Professor Layton vs Ace Attorney estrea trailer

mércores, 21 de setembro do 2011 Marcus Fernández

A aventura conxunta do Profesor Layton e Phoenix Wright para a Nintendo 3DS que está a preparar Level-5 creou moita expectación dende o seu anuncio oficial, e pouco a pouco vemos como o proxecto vai collendo forma, e co gallo do Tokyo Game Show estreou un trailer no que podemos ver cómo é o novo modelado tridimensional dos protagonistas de Professor Layton vs Ace Attorney, que unen forzas durante un xuízo no que acusan a unha moza de bruxería, e no que os heroes deberán investigar para resolver o misterio.
Tamén confirman que durante o evento nipón circulaba unha nota de prensa en inglés sobre este xogo, o que indicaría que finalmente este título terá distribución internacional, e non quedará no Xapón como moitos outros títulos semellantes.


Novo trailer do xogo de Level-5 para Nintendo 3DS

PUBLICIDADE