Project CARS e El Poder de la Fuerza destacan nos Xogos con Gold de febreiro
mércores, 25 de xaneiro do 2017
Os subscritores Gold de Xbox LIVE recibirán en febreiro unha
serie de xogos que parece recuperar o seu pulo tras un meses un tanto frouxos,
e aÃnda que o xogo que chegará para Xbox One o dÃa 1 é o independente Lovers
in a Dangerous Spacetime (xogo de acción cooperativa ambientado no
espazo), a partires do dÃa 16 será Project
CARS Digital Edition, un emocionante xogo de condución de até 16 xogadores
en liña, que goza duns gráficos excelentes e dun completo catálogo de
vehÃculos. Tamén destaca o seu sistema pioneiro de horas do dÃa e condicións meteorolóxicas,
que dotan a experiencia de xogo dun grande realismo.
Os xogos para Xbox 360 (retrocompatibles con Xbox One) son vellos tÃtulos
bastante atractivos, xa que a primeira quincena do mes ofrecerase Monkey
Island 2: Special Edition, aventura gráfica clásica na que LucasArts
confirmaba a Guybrush Threepwood como un personaxe inesquecible no xénero, que
terÃa que facer fronte ao retorno do pirata LeChuck, desta volta como un morto
vivente.
Para a segunda metade do mes teremos El
Poder de la Fuerza, xogo da franquÃa de Star Wars, que foi un grande
éxito no seu dÃa e que ofrecÃa unha nova historia na que encarnabamos ao
aprendiz segredo de Darth Vader nun novo capÃtulo da saga que estarÃa entre os
episodios III e IV da serie cinematográfica, e que permitirá desencadear os
poderes da Forza para derrotar a cabaleiros jedi e outros inimigos seguindo as
ordes de Darth Vader. O xogo, pese a estares lonxe de ser un grande tÃtulo,
deixou pegada, e incluso inspirou unha secuela, aÃnda que cómpre advertir de
que a continuidade actual do universo de Star Wars deixa completamente fóra
esta trama.
VÃdeo promocional dos Xogos con Gold do mes de febreiro