Project xCloud abre en España o rexistro para a súa versión preliminar
martes, 7 de abril do 2020
Microsoft
anunciou que o Project xCloud, iniciativa
que permitirá gozar de xogos de Xbox en dispositivos móbiles e que está a
espallar xeograficamente a súa versión preliminar, vén
de abrir o seu rexistro en once paÃses de Europa occidental entre os que figura
España, de xeito que en breve algúns afortunados inscritos poderán probar
esta tecnoloxÃa que permite que dende smartphones e tabletas sexa posible gozar
de xogos de consola mediante tecnoloxÃa de xogo remoto baseado na nube.
O feito de que esteamos nunha situación comprometida no que respecta aos servizos
en liña por mor do confinamento dos cidadáns nos seus fogares, fai que a
versión preliminar de Project xCloud vaia desembarcar en España de xeito moi
limitado, e cunha ampliación de participantes moi gradual, xa que Microsoft quere
evitar que os servizos de xogo en liña poidan ameazar o acceso á Internet da
cidadanÃa.
O
formulario de inscrición para a versión preliminar de Project xCloud xa está
operativo, descoñecéndose polo momento cando se realizará o reparto de
invitacións para gozar deste atractivo servizo, que para moitos suporá toda
unha revolución, xa que liberará aos xogos de consola da súa vinculación ao
televisor doméstico e permitirá gozar de grandes experiencias de xogo en mobilidade
ou en recantos do fogar pouco habituais.
A versión preliminar de Project xCloud cona actualmente con máis de 50 xogos de
Xbox dispoñibles, entre os que figuran tÃtulos como Gears 5, Tekken 7,
Devil May Cry 5, Civilization VI, Borderlands, Halo 5,
Hellblade: Senua’s Sacrifice, Destiny 2, Forza Horizon 4
ou Farming Simulator 17, ou sexa, unha boa selección de xogos moi
diversos, que permite asà probar do xeito máis amplo posible unha tecnoloxÃa
que terá que adaptarse a pantallas de tamaños reducidos e a condicións de xogo
inestables, polo que optimizar este servizo de futuro é todo un reto.
Project xCloud está considerado como o principal competidor de Google Stadia,
ante o que parece ter unha posición de vantaxe máis que considerable, xa que
Microsoft parte dun catálogo potencial de xogos inmenso, mentres que os
desenvolvedores continúan a ter reparos para confiar nunha plataforma nova como
Stadia, sobre a que non teñen garantÃas de futuro nin incentivos que compensen
o esforzo de adaptar os seus tÃtulos á mesma.