Propoñen o uso de dúas pantallas de papel electrónico como lector de partituras musicais
venres, 17 de xuño do 2016
Terrada Music Score presentou no Xapón un produto chamado GVIDO, que aseguran que serÃa o primeiro
dispositivo de partituras musicais baseado nunha dobre pantalla de papel electrónico,
de xeito que os profesionais da música teñen unha práctica ferramenta á hora de
interpretar pezas no escenario sen ter que recorrer ás partituras en soporte
fÃsico.
O novo dispositivo vén a ser unha dobre pantalla de papel electrónico da propia
E Ink cunha diagonal de 13,3 polgadas (cunha resolución de 1.200 x 1.600
pÃxeles con 16 niveis de gris), que terÃa un grosor de 5,9 milÃmetros e un peso
duns 650 gramos, de xeito que serÃa unha solución moi práctica para a lectura
de partituras nun formato equivalente ao dos soportes fÃsicos, coa vantaxe de
que tamén permiten anotacións empregando lapis de Wacom.
As partituras almacenarÃanse en formato PDF, e as anotacións feitas a man ou os
marcadores que faga o usuario gardaranse no propio ficheiro, contando o
trebello con Wi-Fi N e Bluetooth 4.0 para facilitar a transmisión dos ficheiros.
A súa capacidade interna (de 8 GB) tamén poderá ampliarse con tarxetas microSD,
de xeito que garántese o almacenamento dun impresionante volume de partituras
dispoñibles, o que agradecerán os músicos que interpreten un grande repertorio
e non queiran ir cargados con todo un baúl cheo de partituras durante as súas
viaxes.
Polo momento este produto está nunha fase de prototipo, e aÃnda non se anunciou
o seu prezo final, que poderÃa ser bastante elevado, xa que as pantallas de
tinta electrónica de grande tamaño son extraordinariamente caras (o eReader con pantalla de
13,3 polgadas e stylus de Sony véndese por 799 dólares nos EE.UU.).
VÃdeo de presentación do GVIDO