Propoñen o uso do iPhone como unha chave NFC

xoves, 7 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

A compañía eslovena CalypsoCrystal propón o uso do NFC como sistema de apertura de portas, e dado que o iPhone non incorpora esta tecnoloxía ocorréuselles integrala na súa funda CalypsoCase, de xeito que os smartphones de Apple poderían gozar dalgunhas das vantaxes do NFC, como podería ser o seu uso para abrir un pecho especial sen precisar de chaves. A CalypsoKey (nome que recibe esta chave virtual) incorpora unha antena RFID que opera na banda dos 13,56 MHz con 1 Kb de capacidade e unha segunda antena RFID na banda dos 125 KHz, de xeito que é compatible con case todas as solucións RFID NFC do mercado.
Entre as vantaxes de empregar chaves electrónicas está a posibilidade de manter un rexistro de accesos e incluso poder limitar os mesmos en funcións de horarios ou outras condicións. Para integrar esta tecnoloxía nas nosas portas de acceso dende CalypsoCrystal recomendan utilizar as solucións RFID de Kaba.

PUBLICIDADE