Prosegue na provincia de Ourense a xira tecnolóxica Enredando Tour 2024
venres, 23 de agosto do 2024
A xira Enredando Tour 2024, que arrincou o pasado 12 de xullo na Alameda de Noia e cuxo principal obxectivo é reducir a fenda dixital e proporcionar ferramentas para o uso das tecnoloxÃas ás persoas maiores de 55 anos, prosegue nesta recta final de agosto o seu periplo con novas recaladas en diferentes localidades da xeografÃa galega, abranguendo tamén a primeira semana do mes de setembro.
Estas paradas foron precedidas de diferentes obradoiros participativos na provincia de Lugo, en Chantada, O Incio e AbadÃn, onde a actividade tivo unha moi boa acollida. Ademais, o 20 de agosto a xira tamén arribou a Ponteceso. A partir de agosto o tour chega á provincia de Ourense, con paradas en Pereiro de Aguiar (o 29 de agosto), Cartelle (3 de setembro), O Irixo (4 de setembro), Viana do Bolo (6 de setembro) e Monterrei (9 de setembro).
A xira vén da man de Cruz Vermella en Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Para promover a capacitación dixital dos participantes cóntase cunha furgoneta superequipada con todos os dispositivos necesarios (portátiles, tabletas, altofalantes intelixentes...) e habilÃtase un espazo formativo itinerante nun lugar céntrico de cada localidade para favorecer a participación das persoas maiores que viven nela.
O tour arrancou como dixemos na Alameda de Noia e durante os meses de xullo, agosto e setembro percorre outras 19 localidades galegas.
A iniciativa cumpre dous obxectivos primordiais. Por unha banda, que as persoas maiores non fiquen fóra do mundo dixital e gocen de todas as súas vantaxes, e por outra banda, que o feito de vivir en pobos ou zonas rurais non supoña unha desvantaxe para elas.
Esta actividade é froito da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Cruz Vermella en Galicia, que se uniron por segundo ano para facer esta xira e este programa formativo en competencias dixitais pola nosa comunidade autónoma.
Enredando
Enredando comezou no ano 2020 a súa andaina para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros.
Os obradoiros son impartidos por persoal especializado e voluntariado de Cruz Vermella e desenvolveranse polas mañás en horario de 10 a 14 horas. Neles ofrécense contidos formativos que faciliten o achegamento á realidade da tecnoloxÃa máis doméstica e presente en multitude de áreas da nosa vida cotiá.
Ademais, nesta edición incorporáronse novos contidos para que os maiores tamén se familiaricen con aplicacións que empregan Intelixencia Artificial e con conceptos como a realidade inmersiva (para o que poderán probar lentes de realidade virtual). Por outra banda, realizaranse sesións dedicadas de maneira especÃfica á banca dixital e a ciberseguridade, que serán en horario de tarde, de 17 a 18:30 horas.
En cada unha das localidades incluÃdas na xira realizarase un sorteo especial dun portátil ou unha tableta entre os participantes dos obradoiros. As persoas interesadas nas actividades de Enredando Tour poden chamar ao teléfono gratuÃto 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a galicia@cruzroja.es.