Proseguen en agosto e setembro os obradoiros tecnolóxicos de Girl STEAM nas aulas CeMIT de 7 concellos
mércores, 6 de agosto do 2025
Prosegue este verán, con novas actividades formativas, o programa de obradoiros Girl STEAM 2025, logo de 14 talleres executados no mes de xullo. O Colexio Profesional de EnxeñerÃa Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) lideran este novo ciclo de obradoiros de verán para incentivar as vocacións tecnolóxicas entre as nenas e nenos, que continuará durante o mes de agosto e a primeira semana de setembro.
Este novo ciclo de obradoiros deu comezo a principios do mes de xullo no Concello de Leiro.
Cada concello conta con dúas quendas por idade de 4 horas de duración, unha para escolares de 9-11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12-16 anos, cun aforo máximo de 15 persoas por quenda.
Logo das actividades de xullo, que remataron en Fisterra, o programa retómase o 11 e o 12 de agosto en Tui, o 13 e o 14 en Ortigueira, o 18 de agosto en Ribeira, o 19 en Celanova, o 25 en Santa Comba, o 3 de setembro en Cuntis e o 5 de setembro en Guitiriz.
Contidos dos obradoiros
Nos obradoiros achégase ao alumnado ao funcionamento das placas micro bit, que son tarxetas programables de aprendizaxe. Aprenden a identificar as súas principais funcións e programan con diferentes comandos. Ademais, traballan en grupo na construción e programación dun proxecto dos 20 modelos que ofrece o kit de robótica e construción co que contan as aulas CeMIT. Unha vez superada esta primeira fase, continúase o traballo coa placa para a elaboración dun proxecto libre sobre estruturas realizadas con materiais de reciclaxe como botellas, cartóns, madeira ou tecidos.
Con esta iniciativa búscase impulsar actividades lúdico-formativas de inmersión tecnolóxica que acheguen ás rapazas desde idades temperás ás novas tendencias tecnolóxicas co fin de espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (siglas de Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa, Arte e Matemática) e apostar por profesións do ámbito TIC (TecnoloxÃas da Información e a Comunicación).
