Protección de Datos estima que o sistema publicitario de Gmail é ilegal en España
martes, 29 de xaneiro do 2008
A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) declarou ilegal o modelo de
negocio do servizo de correo electrónico de Google, Gmail, que se basea na
lectura dos correos electrónicos do usuario para amosar publicidade
personalizada en función do contido, trala denuncia de FACUA a tal respecto.
A Asociación considera que os correos só deben revisarse por motivos de
seguridade (para evitar virus e correo lixo) pero non para espiar ós usuarios
con motivos publicitarios, criterio que tamén coincide co da Comisión Europea.