Prototype, a violencia de ser un mozo con superpoderes
venres, 9 de xaneiro do 2009
- A cantidade de sangue que amosa o xogo deixa claro que se trata dun tÃtulo dirixido a un público adulto
Radical e
Activision están a traballar nun xogo chamado Prototype para
PC, Xbox 360 e PS3, que poderÃa comezar a venderse no verán (estaba previsto o
seu lanzamento para mediados de setembro), de aà que xa aproveitasen a
celebración do CES para promocionar o produto do que pouco se sabÃa.
O xogo permite
que o usuario tome o control dun amnésico Alex Mercer que resulta
ter superpoderes, de xeito que emprende unha violenta aventura na que combina
destrución, parkour e espectaculares habilidades (coma converter os brazos en
coitelas) co obxecto de recuperar a súa memoria, aÃnda que o argumento parece
que será o de menos, neste tÃtulo que atrae pola súa aparencia visual.
- Os poderes de Alex Mercer son unha desculpa ideal para facer uso de impresionantes efectos especiais
Prototype presenta unha cidade aberta
na que realizar distintas misións, podendo definir a este tÃtulo como unha
mestura de xogos coma Crackdown, Spider-Man ou Grand Theft Auto, ou iso podemos entender ao ver as imaxe que se
publican do mesmo, asà coma o seu novo trailer: