Proxector de vídeo 3D de Vivitek

venres, 9 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Ante a emerxencia de produtos 3D para o fogar Vivitek presenta o atractivo proxector de vídeo H1086-3D, que cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, 2.000 lumens de brillo, unha relación de contraste de 5.000:1, conectores HDMI, VGA, S-Video, vídeo composto e RS-232 permite reproducir vídeo en 3D en alta definición (dende Blu-ray 3D ou outras fontes 3D como consolas de videoxogos) e incluso conta con tecnoloxía de conversión que permite ver en 3D contidos en 2D.
Esta solución non só ten unhas boas prestacións e facilita unha experiencia de cine estereoscópico, senón que manterá o seu prezo relativamente contidos cando chegue ao mercado en decembro a 1.999 dólares (1.463,27 euros).

PUBLICIDADE