Publicado o novo Plan de Acción do Software Libre
luns, 17 de febreiro do 2025
A AMTEGA vén de publicar o Plan de Acción do Software Libre 2025 que recolle diferentes actuacións para promover o emprego e reutilización de software libre nas administracións públicas, impulsar unha oferta de solucións libres e de calidade para o tecido empresarial e incrementar o seu uso e coñecemento entre a cidadanÃa.
O Plan desenvólvese en colaboración cos principais axentes do ecosistema de software libre galego, como a Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) ou as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL). Entre as actividades previstas está a tradución de Software Libre, a organización de xornadas, cursos e obradoiros, asà como accións para o fomento do software libre en proxectos de cooperación ou a introdución á robótica educativa con software e hardware libre.
Software Libre na Administración
No ámbito da administración, a AMTEGA continuará promovendo o emprego de tecnoloxÃas libres en proxectos de calado, asà como a liberación de novas solucións TIC desenvolvidas pola administración pública galega para facilitar a súa reutilización por outras administracións ou entidades.
A Oficina de Software Libre seguirá sendo o punto central de coordinación e dinamización de todas estas iniciativas e tamén o punto de contacto para resolver calquera cuestión relacionada con este ámbito.
Software Libre na empresa
No ámbito empresarial, as actuacións irán dirixidas a promover o uso de solucións libres de calidade que permitan ás empresas mellorar en eficacia e competitividade. Ademais, incrementarase a oferta de solucións dispoñibles no servizo de proba de aplicacións na nube, que permite ás empresas galegas acceder de balde a instalacións de proba de diferentes ferramentas de software libre para avaliar se cobren as súas necesidades.
Tamén se seguirá a fomentar o establecemento dunha comunidade InnerSource en Galicia, despois do éxito das iniciativas levadas a cabo no ano 2024 e o interese por parte das empregas galegas. As iniciativas InnerSource teñen como obxectivo mellorar os procesos das empresas, apoderándose das técnicas de xestión dos proxectos de software libre.
Software Libre para a cidadanÃa
Entre as actuacións dirixidas á cidadanÃa en xeral, seguiranse potenciando as tecnoloxÃas libres dentro dos programas de alfabetización e capacitación dixitais da Rede CeMIT. O portal Mancomún seguirá sendo o punto central de difusión e información e incorpora a sección Axenda, un calendario centralizado con todas as actuacións relacionadas co software libre en Galicia.