Publican a listaxe dos tÃtulos máis xogados de PS5 no seu primeiro ano
venres, 12 de novembro do 2021
AÃnda que segue sen estar presente nos estantes das tendas
por problemas de existencias, a
PlayStation 5 celebra que xa leva un ano connosco. Estes meses estiveron
cheos de grandes lanzamentos e coa vista posta en próximos tÃtulos de grande
peso (God of War Ragnarok, Gran Turismo 7 e Horizon Forbidden
West), detallando dende Sony que a
PS5 superou xa os 360 xogos, destacando que os PlayStation Studios traballan xa
en máis de 25 novas producións.
Pero o máis curioso deste primeiro aniversario da PlayStation 5 é que
aproveitaron para facer pública a listaxe dos 10 xogos máis xogados (en número
de horas), e, curiosamente, predominan os tÃtulos multiplataforma, cando normalmente
entendemos que o público elixe consola en función dos seus tÃtulos exclusivos.
Os dez tÃtulos máis xogados de PlayStation 5 no seu primeiro ano foron, por
esta orde:
– Fortnite
– Call of Duty: Black Ops Cold War
– FIFA 21
– NBA 2K21
– Assassin’s Creed Valhalla
– Destiny 2
– MLB The Show 21
– Marvel’s Spider-Man Miles Morales
– Demon’s Souls
– NBA 2K22