Publican as datas de lanzamento do contido descargable para Tomb Raider: Underworld
venres, 23 de xaneiro do 2009

- O novo tema Premium de Tomb Raider
O pasado 21 de
novembro chegou ás tendas Tomb Raider:
Underworld, coa promesa de que terÃa capÃtulos
descargables en exclusiva para a Xbox 360, pero sen pillar os dedos dando
datas, e agora dende Eidos Interactive concretan os lanzamentos para o Bazar de
Xbox LIVE, que comezaron onte cun tema
Premium para a Xbox 360 que pódese
adquirir por 250 puntos (3 euros) e que está inspirado nas criptas e covas
que aparecerán no primeiro novo capÃtulo, Bajo
las Cenizas, que poderase mercar a
partir do 10 de febreiro.
Este primeiro capÃtulo descargable para o último xogo de Tomb Raider nos sitúa
nas ruÃnas da Mansión Croft, para descubrir unha serie de cavernas nunca vistas
e criptas antigas utilizadas para protexer e agochar unha forte mortal de
poder. Nesta aventura aparecerá un novo inimigo a bater e novos puzzles a solucionar. A súa descarga
tamén inclúe 6 novos traxes para Lara.
O seguinte capÃtulo, La
Sombra de Lara, porase á venda o 10 de marzo,
pero aÃnda non se publicaron detalles sobre esta expansión que incrementará a
experiencia de xogo de Tomb Raider:
Underworld.

