Publican as especificación de Google Glass

martes, 16 de abril do 2013 Marcus Fernández

Os lentes de Google avanzan cara a ser unha realidade, e nos últimos días publicaron a súa API para facer posible desenvolver aplicacións para os mesmos e incluso unha aplicación chamada MyGlass que facilita a configuración e administración do dispositivo, pero un dos detalles que moitos estaban a agardar xa son públicos, e por fin temos as especificacións deste prometedor trebello.
Google Glass conta con cámara de 5 Mpíxeles capaz de captar vídeo a 720p, sistema de transmisión de son a través dos osos, Wi-Fi (IEEE 802.11b/g), Bluetooth, 12 Gb de almacenamento útil sincronizado con almacenamento na nube de Google e batería cunha autonomía dun día para un uso típico que pode cargarse por micro USB. Dende Google aseguran que é compatible con calquera móbil Bluetooth, mentres que a mencionada aplicación MyGlass precisa dun móbil con Android 4.0.3 ou superior (a aplicación achega GPS e mensaxes de texto).

Google Glass é un dos dispositivos máis esperados dos últimos tempos

PUBLICIDADE