Publican un anuario de blogs en español
martes, 18 de decembro do 2007
Hoxe sae á venda o libro La
Gran GuÃa de los Blogs 2008, de Rosa J. C.
e Francisco
Polo, editado na Colección Planta 29 de Ediciones El Cobre, que nace con vocación de
anuario e que nas súas 531 páxinas a toda cor recolle reflexións sobre o
acontecido en 2007 con respecto ó fenómeno dos blog acompañadas dun directorio
con centos de bitácoras de Internet en español clasificadas por materias,
fuxindo dun formato de guÃa telefónica e apostando por dedicarlle a cada blog
un espazo importante (a metade de cada páxina, incluÃndo imaxe, descrición e
ficha técnica de cada caderno dixital).
O texto tamén pretende promover e estimular a presenza do español na Rede, pois
na actualidade só o 4% dos blogs no mundo están escritos en español fronte ó
36% en inglés. A obra ten un carácter internacional, tomando como nexo de unión
o idioma español, polo que aparecen blogs de todo o mundo, para construÃr unha
ferramenta de achegamento para os hispanofalantes que queiran saber máis da
blogosfera.