Publícanse as especificacións do USB4

martes, 3 de setembro do 2019 Marcus Fernández

En marzo anunciouse que a especificación USB4 levaría a tecnoloxía Thunderbolt 3 a conexións USB-C en xeral, conseguindo grandes velocidades de transmisión de datos á vez que pode transmitirse a información de imaxe dunha pantalla e mantendo compatibilidade cos estándares USB actuais, a agora confírmase a publicación de tal especificación, de xeito que os fabricantes xa poden coñecer detalladamente este estándar para empregalo nos seus produtos.
O USB4 permitirá operar con velocidades de até 40 Gbps en cables certificados, conta con múltiples protocolos de transmisión de datos e vídeo que aproveitan o largo de banda ao máximo e son retrocompatibles co USB 3.2, USB 2.0 e Thunderbolt 3.
Agora que están publicadas as especificacións do USB4 só queda agardar a 2020 para ver os primeiros produtos que tiren proveito deste novo estándar que resultará especialmente práctico para profesionais do vídeo, xa que facilita a conexión de varios monitores ou incluso de gráficas externas grazas ás elevadas velocidades de transmisión de datos.

PUBLICIDADE