Publícanse os detalles da comercialización norteamericana de Guitar Hero: Aerosmith

xoves, 17 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os afeccionados aos xogos musicais para consolas poden alegrarse ao coñecer os novos detalles de Guitar Hero: Aerosmith, que permitirá dar un repaso á historia do grupo musical de Steve Tyler e sairá nos EE.UU. o vindeiro 29 de xuño a 59,99 dólares nas súas versión para Xbox 360 e PlayStation 3, mentres que as versións para PlayStation 2 e Nintendo Wii custarán 10 dólares, podéndose adquirir tamén versións con guitarra sen fíos por 40 dólares adicionais, aínda que tamén sorprende a posibilidade de adquirir a versión de PlayStation 2 con dúas guitarras con cable por 110 dólares, o que agradecerán os que gusten de xogar en grupo.
As datas europeas de lanzamento aínda non se anunciaron, pero é de agardar que estean preto da comercialización norteamericana.

PUBLICIDADE