PuntoGal, PuntuEus, PuntCat e PuntBarcelona comparten os seus plans cos rexistradores
venres, 2 de febreiro do 2024
Representantes dos dominios lingüÃsticos e culturais .gal, .cat, .eus e .barcelona mantiveron na Coruña unha reunión este primeiro de febreiro para poñer en común os seus plans de futuro, accións comerciais para este ano e previsións de evolución do mercado e da Rede. Lembrar que os catro dominios participantes son á súa vez membros do grupo dos GeoTLDs, que congregan aos dominios de raÃz xeográfica, lingüÃstica e cultural, e entre os que se atopan .scot (Escocia), .london (Londres) ou .bzh (Bretaña), entre outros, e no que levan a cabo accións comúns de comunicación co público ou cos órganos de gobernanza da Rede, como ICANN.
Por parte dos rexistradores, as empresas autorizadas para a venda de dominios ao público, estiveron presentes os máis relevantes do mercado, ata un total de vinte asistentes.
A xornada abriuse cunha presentación por parte do director da Cidade das TIC, Alfonso MartÃnez, que falou da importancia das novas infraestruturas e a deslocalización das mesmas para a posta en valor das industrias tecnolóxico-dixitais, asà como da importancia das descentralización das axencias reguladoras, tomando como exemplo a inminente apertura da AESIA na Coruña.
Na segunda parte da sesión cada un dos dominios expuxo a situación actual na que se atopa asà como os plans para o resto deste ano 2024.
Tratáronse cuestións como a irrupción da Intelixencia Artificial, os cambios na lexislación europea, a protección dos datos de usuarios, a ciberseguridade, o traballo dos dominios para conseguir unha Rede máis segura ou as perspectivas de cooperación tendo en conta os cambios xeopolÃticos máis recentes.
A curto prazo, abordouse a posibilidade de poñer en marcha algunha acción conxunta, comercial ou de marca durante o ano 2024.
A reunión rematou tras unha cea de traballo coa intención de retomar as tarefas comúns en próximas ocasións.