Quake Arena Arcade chega á Xbox 360
mércores, 15 de decembro do 2010
Hoxe chega
a Xbox LIVE Arcade unha adaptación do clásico para PC Quake Arena, que permite o enfrontamento en grupos de ata 16
xogadores simultáneos en distintos modos de xogo: Combate mortal, Capturar a
bandeira e Recolección.
Quake
Arena Arcade conta con 12 armas (coma o fusil de lóstregos, o lanza
foguetes ou a chaingun), 33 mapas
clásicos, 12 escenarios exclusivos para esta nova versión (deseñados en alta
definición e compatibles con pantallas panorámicas) e unha nova campaña para 1
xogador.
Este tÃtulo está á venda por 1.200 puntos (14,4 euros) e ten dispoñible de
balde unha versión
de demostración.
- Este tÃtulo converteuse en todo un clásico grazas ás súas posibilidades multi-xogador