Qualcomm acorda a compra de Arduino
martes, 7 de outubro do 2025
Qualcomm Technologies anunciou a súa intención de adquirir Arduino, unha das compañÃas de hardware e software libre máis influentes do mundo. A operación, pendente de aprobación os organismos reguladores, permitirá á empresa estadounidense acelerar a súa estratexia para facilitar o acceso dos desenvolvedores ás súas tecnoloxÃas de computación e intelixencia artificial.
A integración de Arduino chega tras as recentes incorporacións de Edge Impulse e Foundries.io, e reforza o obxectivo de Qualcomm de ofrecer unha plataforma completa que combine hardware, software e servizos na nube. A empresa subliñou que Arduino manterá a súa marca, ferramentas e filosofÃa aberta, asà como o apoio a múltiples microcontroladores e procesadores doutros fabricantes, pero beneficiándose da infraestrutura e alcance global de Qualcomm.
Con máis de 33 millóns de usuarios activos en todo o mundo, a comunidade Arduino terá agora acceso directo á tecnoloxÃa e ecosistema de socios de Qualcomm, o que facilitará a creación e comercialización de novos produtos baseados en IA, visión artificial ou control industrial.
Como primeiro resultado desta nova etapa, Arduino presentou o Arduino UNO Q, unha placa de desenvolvemento de nova xeración que combina un microprocesador con capacidade para executar Linux Debian e un microcontrolador de tempo real, grazas ao procesador Qualcomm Dragonwing QRB2210. O dispositivo está pensado para proxectos que requiran visión e son con intelixencia artificial, desde sistemas domésticos intelixentes ata aplicacións industriais avanzadas.
O Arduino UNO Q será ademais a primeira placa compatible con Arduino App Lab, un novo entorno de desenvolvemento integrado que unifica o traballo en tempo real, Linux, Python e fluxos de IA. Esta ferramenta permitirá crear, probar e escalar solucións baseadas en IA de maneira máis rápida, en combinación coa plataforma Edge Impulse, que facilita a optimización de modelos con datos reais para tarefas como detección de obxectos, recoñecemento de sons ou clasificación de imaxes.
VÃdeo de presentación do Arduino UNO Q
