Qualcomm estarÃa interesada en adquirir Intel
venres, 20 de setembro do 2024
The Wall Street Journal publica hoxe que Qualcomm terÃa a intención de adquirir Intel, o que serÃa unha das operacións do sector máis importantes da historia, cunha valoración próxima aos 93.000 millóns de dólares, polo que podemos entender que Qualcomm quere aproveitar a mala situación económica de Intel (que ten a acción no contorno dos 20 dólares cando hai 3 anos chegou a superar os 67 dólares) para desfacerse dun importante rival.
O acordo de compra está lonxe de estar confirmado (The New York Times asegura que polo momento as negociacións limitarÃanse a unha toma de contacto), especialmente porque os organismos reguladores da competencia poderÃa pór atrancos á creación de semellante xigante no sector dos semicondutores ao xuntar as empresas de referencia de procesadores para móbiles e para ordenadores persoais.
De realizarse a operación serÃa especialmente interesante o seu impacto nas arquitecturas dos equipos informáticos no futuro, pois non podemos esquecer como Apple está a apostar decididamente por procesador ARM (nos que está especializado Qualcomm) polo que de colocarse Intel baixo o paraugas de Qualcomm poderÃa inclinarse a balanza a favor de tecnoloxÃas de procesador eficientes.