Qualcomm fará posibles consolas portátiles de grande potencia

mércores, 1 de decembro do 2021 Marcus Fernández

Aparte de novas xeracións dos seus procesadores para dispositivos móbiles e equipos informáticos, dende Qualcomm sorprenderon presentando a plataforma gaming Snapdragon G3x Gen 1, ou sexa, que ofrecerán procesadores que facilitarán a creación de novas consolas portátiles na liña da Nintendo Switch, baseadas en Android, e con conectividade 5G e Wi-Fi 6E, gráficos de impresión e a posibilidade de conectarse a un televisor para ofrecer imaxe 4K con HDR e até 144 imaxes por segundo.
Curiosamente Qualcomm amosou unha consola portátil baseada en Snapdragon G3x Gen 1, equipada cunha pantalla OLED Full HD a 120 Hz con mandos aos lados, que aseguran que sería compatible con xogos para Android e PC, pero que non será un produto real, senón que simplemente busca ser unha inspiración para fabricantes que poderían aproveitar esta tecnoloxía para competir coa Nintendo Switch ou coa Steam Deck de Valve.

Vídeo promocional da plataforma Qualcomm Snapdragon G3x Gen 1

PUBLICIDADE