Qualcomm permitirá que os novos visores de VR funcionen cunha resolución de 4,3K

xoves, 4 de xaneiro do 2024 Marcus Fernández

Meta Quest 3 supuxo un importante salto fronte a xeración anterior de visores de realidade virtual, tanto pola integración de cámaras exteriores a cor como por contar cun potente procesador Qualcomm Snapdragon XR2 Gen 2, e de cara á vindeira xeración de dispositivos de realidade estendida presentan agora o procesador Snapdragon XR2+ Gen 2.
Aínda que esta actualización pode parecer lixeira, o limitar a mellorar a frecuencia gráfica un 15% e a frecuencia de procesamento un 20%, realmente o + do seu nome é significativo, xa que o Snapdragon XR2+ Gen 2 pode manexar 12 cámaras concurrentes máis e, moi especialmente, sería compatible con pantallas cunha resolución de 4,3K por 4,3K píxeles por ollo a 90 Hz, ou sexa, que poríanse ao nivel das futuras Vision Pro de Apple.
Dende Qualcomm confían en que esta plataforma de procesamento sexa capaz de crear grandes experiencias de realidade estendida, facilitando o uso de escritorios virtuais e outras prestacións que combinen o virtual co real.
Cómpre salientar que dende Samsung tamén manifestaron que estaban a colaborar con Qualcomm e Google para revolucionar a industria móbil unha vez máis, asegurando que pretenden crear unha experiencia de realidade estendida de primeira clase para usuarios de dispositivos Galaxy, o que podemos como que en breve presentarán unha alternativa sólida ás propostas de Apple e Meta.

PUBLICIDADE