Qualcomm presenta os procesadores Snapdragon X Plus
mércores, 24 de abril do 2024
Hai un meses Qualcomm presentou unha nova familia de procesadores baseados en arquitectura ARM orientados a ordenadores persoais en vez de a dispositivos móbiles, como un xeito de competir cos procesadores Apple Silicon, e os prometedores Snapdragon X Elite, antes mesmo de aparecer instalados nun primeiro equipo comercial, teñen xa unha versión económica: Snapdragon X Plus.
Falamos dun procesador Qualcomm Oryon de 10 núcleos (fronte os 12 núcleos dos X Elite), que limita a súa velocidade de reloxo a 3,4 GHz e a súa GPU a 3,8 TFLOPS, mentres mantén os 45 TOPS da NPU do seu irmán maior, ou sexa, que reduce lixeiramente a súa gama en termos xerais, pero mantendo a mesma potencia no ámbito da IA.
Haberá que agardar meses antes de ver equipos co novo procesador, pero a tendencia parece clara: facilitar equipos baseados en Windows que conten con grande autonomía sen prescindir de potencia e sendo capaz de correr as aplicacións que presumiblemente dominarán o noso futuro.