Qualcomm presenta procesadores para PC capaces de superar aos M2 Max de Apple
martes, 24 de outubro do 2023
Qualcomm está a
celebrar o seu cumio sobre procesadores Snapdragon, entres os que destaca o novo
Snapdragon
X Elite por estar dirixido a equipos informáticos que precisen dun gran
desempeño, unha boa autonomÃa e, moi especialmente, estean adaptados ao novo
contexto no que a IA é cada vez máis importante.
Os procesadores Snapdragon X Elite, que a mediados de 2024 veremos montados
nalgúns ordenadores, suporán todo un salto con respecto a produtos anteriores,
permitindo que poidamos ver equipos que compitan sen problema cos de Apple, xa
que un dos procesadores Qualcomm Oryon poderÃa un 30% máis eficiencia que un
procesador M2 Max á mesma potencia, aÃnda que con este movemento a compañÃa
ameazada non serÃa Apple, senón Intel, xa que estes novos procesadores tamén
prometen mellor desempeño que un Intel Core i9-13980HK.
AÃnda que para traballos de cálculo intensivo os procesadores x86 seguen a ser
moi axeitados, cando se trata de traballar en mobilidade estes novos
procesadores prometen o mesmo desempeño coa terceira parte de consumo, o que é
un detalle a ter moi en conta. De cara á intelixencia artificial xenerativa
tamén estamos ante procesadores moi capaces, que pode mudar o xeito no que
vexamos a informática de consumo nos vindeiros anos.