Qualcomm presenta un sistema de carga rápida a máis de 100 watts
luns, 27 de xullo do 2020
Nas
últimas semanas varios fabricantes chineses presumÃan de sistemas de carga
rápida para smartphones, como a tecnoloxÃa
Flash Charge de Oppo, pero este tipo de solucións non serán exclusiva duns
poucos, senón que tamén chegarán á grande masa de fabricantes xa que a propia
Qualcomm vén de presentar Quick
Charge 5, asegurando que é a primeira plataforma comercial do mundo con carga
a máis de 100 watts, conseguindo mellorar até un 70% a eficiencia fronte á
anterior versión desta tecnoloxÃa e presumindo de facer posible a carga da
metade dunha baterÃa en 5 minutos.
Qualcomm asegura que a súa solución é a máis rápida do mercado para dispositivos
con Android, multiplicando por 10 a entrega de enerxÃa que facÃa coa súa
primeira versión de Quick Charge, conseguindo asà atender a unha demanda dos
consumidores que, agora que por fin se normalizou que os smartphones teñan
capacidade dabondo para aguantar todo o dÃa, esixen velocidades de carga rápidas para
situacións puntuais nas que precisan dunha pequena recarga para poder garantir
que poden rematar a xornada en xornadas especialmente intensivas.
A tecnoloxÃa Qualcomm Quick Charge 5 consegue cargas a alta velocidade mantendo
a seguridade da operación, con 12 medidas de protección separadas e conseguindo
que a carga función a 10 graos centÃgrados menos que Quick Charge 4 (o que alonga
a vida das baterÃas).
Actualmente hai máis de 1.200 dispositivos móbiles que fan uso da tecnoloxÃa de
carga rápida de Qualcomm, polo que é de esperar que esta nova versión vaia
chegar a numerosos smartphones no terceiro trimestre do ano, sendo compatible
con procesadores Qualcomm Snapdragon 865, 865 Plus e outros procesadores
futuros de alta gama.