Qualcomm promete 8 anos de actualizacións para os móbiles con Snapdragon 8 e 7
mércores, 26 de febreiro do 2025
Durante certo tempo os fabricantes de teléfonos móbiles tendÃan a abandonar os seus produtos pouco despois do seu lanzamento para centrarse nas súas novidades, pero o mercado quixo apostar por unha maior sustentabilidade, e asà puidemos ver a fabricantes como Samsung ofrecendo 6-7 anos de actualizacións nos seus novos móbiles, o que semella que vai converterse nalgo habitual, xa que Qualcomm Technologies vén de pechar un acordo con Google para que os dispositivos con procesadores Snapdragon 8 Elite conten con 8 anos de actualizacións de software e seguridade.
Este compromiso de Qualcomm contribuirá a aumentar a lonxevidade dos móbiles baseados en Android, e non se limitará aos dispositivos de máis alta gama, senón que Qualcomm asegura que incluirá aos teléfonos que se lancen coas novas plataformas móbiles das series Snapdragon 8 e 7, que gozarán deste soporte ampliado, que é o de maior duración ofrecido nunca por Qualcomm, e supón unha mellora máis que significativa respecto a hai poucos anos.
Grazas ao Project Treble os fabricantes de móbiles poden gozar deste soporte ampliado de Qualcomm, achegando actualizacións de software a nivel de sistema operativo e kernel de xeito doado durante 8 anos consecutivos sen ter que realizar un esforzo económico importante para manter os dispositivos actualizados.
O novo programa de actualizacións de Qualcomm bota a andar cos smartphones con Snapdragon 8 Elite que se lancen con Android 15, e polo momento cubrirá as vindeiras cinco xeracións de procesadores da compañÃa, aÃnda que cómpre salientar que será responsabilidade de cada fabricante decidir se aproveitan o soporte ampliado de Qualcomm.