Quantum Break estréase en Steam

xoves, 29 de setembro do 2016 Marcus Fernández

En abril saíu á venda o xogo Quantum Break para Xbox One, título co que Remedy Entertainment experimentou cun formato moi audiovisual no que se mestura a acción dentro do xogo cunha serie de televisión integrada, converténdose nunha experiencia única que tamén podían gozar os xogadores de Windows 10 grazas a un certo cambio de rumbo na estratexia de Microsoft no que se refire aos títulos exclusivos para Xbox One (que en moitos casos están integrados no programa Xbox Play Anywhere) e que, neste xogo, chega máis aló, conseguindo unha apertura maior a partires de hoxe, coa estrea de Quantum Break en Steam, o que permite gozar deste magnífico xogo na plataforma de xogos para PC máis popular e incluso en equipos con Windows 7, co engadido de que o prezo deste xogo é de 36,99 euros (bastante lonxe dos 64,99 euros para os que saíu para Xbox One, aínda que a versión para PC tamén está na tenda de Windows 10 a prezo reducido, de aí probablemente que non esta no programa Xbox Play Anywhere).
Quantum Break é un xogo de acción en terceira persoa, que sitúanos nunha situación bastante curiosa, na que prodúcese unha fractura no tempo que dá poderes ao heroe protagonista, Jack Joyce (interpretado polo actor Shawn Ashmore), e ao seu adversario, Paul Serene (Aidan Gillen), que deberán enfrontarse nunha loita polo futuro, na que o propio tecido do tempo está en xogo.
Cómpre destacar que, pese a estarmos ante un xogo que funciona baixo Windows 7, recoméndase un equipo moi potente para gozar dunha boa experiencia, que por exemplo, podería ser un PC cun procesador Intel Core i5 4690 a 3,9 GHz, 16 GB de RAM, gráfica nVIDIA GeForce GTX 970 e Windows 10 de 64 bits, ou sexa, que a versión de PC parece orientada simplemente a rendibilizar o desenvolvemento do xogo chegando a uns poucos xogadores máis, xa que son moi poucos os usuarios que contan cun hardware capaz de correr esta obra de Remedy.

Tráiler da chegada de Quantum Break a Steam

PUBLICIDADE