Quantum Break incluirá atractivas recompensas para quen o reserve

xoves, 11 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

O innovador xogo Quantum Break, que é un dos grandes reclamos para facerse cunha Xbox One en 2016, sairá á venda o vindeiro 5 de abril, pero non só para a consola de Microsoft, senón tamén para Windows 10, versión que recibirán sen custo adicional os que merquen o xogo de xeito anticipado (cómpre lembrar que o xogo precisa para funcionar como mínimo un procesador Core i5 con 8 GB de RAM e unha gráfica nVIDIA GeForce GTX 760 con 2 GB de memoria, aínda que recomendan un equipo moi superior para poder gozar satisfactoriamente do xogo).
Pero se queremos reservar Quantum Break para Xbox One non só recibiremos a versión para PC, senón que tamén será posible facerse (mediante un código de descarga) con Alan Wake e Alan Wake’s American Nightmare de Xbox 360 (retrocompatible en Xbox One), saga do mesmo estudio, polo que estamos ante unha recompensa moi acaída para os compradores anticipados (que adquira o xogo a partires do 5 de abril só recibirá o xogo Alan Wake).
Microsoft tamén confirmou que de cara ao lanzamento deste agardado xogo vai comercializar un lote no que se incluirá unha Xbox One de cor branca, disco duro de 500 GB, o xogo Quantum Break para Xbox One e Alan Wake de Xbox 360 (ambos en formato descargable).

O xogo destaca pro contar con secuencias de acción real na que están presentes actores coñecidos como Shawn Ashmore, Aidan Gillen e Dominic Monaghan, entre outros.

Último tráiler do xogo

PUBLICIDADE