Queen volve nun xogo para móbiles
venres, 5 de marzo do 2021
Os xogos musicais tipo Rock Band e Guitar Hero
tiveron moito éxito en consolas domésticas, e aÃnda que o xénero pareza
esquecido, un pequeno xogo para móbiles quere recuperalo. Trátase de Queen Rock Tour, tÃtulo que
podemos descargar de balde para iOS
e para
Android, permitindo asà gozar dun par de temas musicais para asà coñecer a
mecánica do xogo, podendo desbloquear o xogo completo con máis de 20 cancións orixinais
de Queen por 2,99 euros.
Visualmente Queen Rock Tour lembra inevitablemente a LEGO Rock Band,
xogo para consolas que veu a luz en 2009 e que permitÃa encargar á formación de
Freddie Mercury, pero desta volta o xogo carece da licenza de LEGO, aÃnda que
si ten os dereitos da música, pois está editado por Universal Music Group
Recording, compañÃa que ten os dereitos de Queen dende 2010. Pero se deixamos a
un lado as inspiracións deste xogo, temos un tÃtulo que adapta as
mecánicas de anteriores xogos musicais para resultar máis propias de dispositivos
con pantalla táctil e, de feito, está claramente deseñado para o seu uso cos
dedos polgares, realizando toques e deslizamentos en pantalla que poden supor
todo un reto.
O xogo non se limita a superar os retos musicais, senón que tamén permite que
os usuarios poidan personalizar con accesorios a súa banda e, durante a
experiencia de xogo tamén podemos explorar a historia de Queen e desbloquear
imaxes de arquivo, de xeito que os seareiros da formación verán neste tÃtulo
unha magnÃfica homenaxe.
Tráiler de Queen Rock Tour