15 influentes animan a participar nunha mobilización a prol do galego

martes, 14 de maio do 2024 Redacción

A plataforma cidadá Queremos Galego, formada por preto de 600 entidades, convoca para este venres, Día das Letras Galegas, ás 12:00 na rúas de Santiago de Compostela unha mobilización baixo o lema «un idioma galega vivo é a mellor garantía dunha Galiza viva».
Para animar á participación a convocatoria está a contar co apoio de 15 creadores de contido, que onte publicaron un vídeo conxunto instando aos seus seareiros a secundar a iniciativa de Queremos Galego, para o que organizaron viaxes de autobús dende distintas cidades e vilas do país que facilitarán o desprazamento a Compostela.
No vídeo promocional da convocatoria participan Blondiemuser, Gabi García, Paula Jorge, Prado Rúa, Leti da Taberna, Cessarrg, Laura Franco, Rodri Míguez, Patri B. Dopazo, Alexia Mariño, Recuncho Médico, Olaxonmario, Helena Antía, Todomalva, Sara Seco Rial e Yeison.
Segundo recolle o manifesto que acompañará a manifestación o vindeiro 17 de maio, «é hora dos gobernos asumiren a súa responsabilidade legal e moral co idioma, a comezar pola Xunta de Galiza, e acompañar á sociedade que actúa e se mobiliza día a día para termos o galego vivo, Galiza viva».