Queren facer realidade unha réplica de HAL 9000

xoves, 2 de agosto do 2018 Marcus Fernández

A ciencia ficción ten inspirado numerosos produtos electrónicos, aínda que algunha compañías, en vez de imitar a tecnoloxía, o que fan é copiar a aparencia construíndo réplicas operativas que poidan atraer aos afeccionados, como cando puxeron á venda un comunicador de Star Trek que en esencia era un mans libre Bluetooth.
Na mesma liña o Master Replicas Group quere facer realidade un par de réplicas de HAL 9000, o ordenador do filme 2001: Una Odisea del Espacio, que está a buscar mecenas a través de Indiegogo, tendo superado xa a súa meta de recadación, de xeito que para o ano que vén é de esperar que o produto vexa a luz sen maiores problemas.
A réplica de HAL 9000 chegaría en dous formatos: un altofalante Bluetooth de escritorio, que actualmente ofrécese a 419 dólares, e unha versión de parede, integrado nunha consola cunha pantalla de 10,1 polgadas, que polo momento véndese a 889 dólares.
A versión de escritorio imitaría a aparencia da computadora cinematográfica, pero cun formato compacto, de xeito que podería colocarse comodamente sobre unha mesa ou integrado en mobiliario (xa que ten un sistema de imáns para facilitar a súa montaxe pendurado). Este altofalante Bluetooth 4.0 contaría co obxectivo cunha luz vermella que sería o ollo de HAL 9000, e que consegue que este produto sexa realmente icónico.
Pero a versión de consola resulta moito máis atractiva, xa que inclúe o módulo de escritorio, que intégrase nun panel que para pendurar da parede, e no teriamos unha serie de botóns cos que interactuar co trebello e unha pantalla de 10,1 polgadas que iría amosando distinta información de xeito dinámico.
A edición en formato de consola integrará tamén Alexa, a intelixencia artificial de Amazon, o que permitiría aproveitar este altofalante conectado para numerosos usos que van dende responder preguntas até controlar a domótica doméstica, o que encaixa moi ben con esta réplica de auténtico luxo.

Vídeo promocional da réplica de HAL 9000

PUBLICIDADE