R amplía a súa oferta de televisión dixital

mércores, 18 de febreiro do 2009

O operadora galega de cable R vén de incrementar a súa grella de programación con 3 novas canles: Decasa (dedicado ao mundo do bricolaxe, a decoración, o interiorismo…), Telemadrid SAT (a canle autonómica madrileña) e Correo TV (a canle de televisión local compostelá). Agora tamén é posible recibir as emisións da compostelá Radio Obradoiro a través do receptor de televisión dixital de R.
Esta ampliación da oferta televisiva completa así ás canles CNN+, 40 Latino, TPA, Aragón SAT e G2 que chegaron nas pasadas semanas.

PUBLICIDADE