R incrementa a cifra de unidades inmobiliarias de Padrón que gozan no concello da súa fibra
xoves, 11 de marzo do 2021
- Unha vista de Padrón vista na Galipedia
A
operadora R fixo balance dos seus traballos recentes para facer
medrar a cifra de fogares e empresas de Padrón que están en
disposición de desfrutar da súa fibra óptica avanzada (FTTH), que
achega accesos ultrarrápidos, Internet de até Mbps e outros
servizos de telecomunicación. Segundo informou a compañía galega,
os habitantes dos núcleos de Lestido, Vista Alegre, e Piñeiro, no
municipio coruñés de Padrón, xa teñen este servizo ao alcance da
man. En total, 84 novos fogares e negocios que se conectan por vez
primeira á rede de R.
Esta
cifra de unidades inmobiliarias de Lestido, Piñeiro e Vista Alegre
cómpre sumala a outras 165 vivendas e empresas dos núcleos
padroneses de Anteportas, Escravitude, Romarís, Tarrío e Vilar, que
quedaran xa en disposición de recibir os servizos do operador galego
a finais de 2020.
Os
traballos levados a cabo, segundo salienta a R, aproveitaron “ao
máximo as infraestruturas dos lugares”. Como resultado, arredor de
250 novos fogares e negocios poden dispoñer a día de hoxe dos
servizos avanzados de teléfono, Internet de ata 500 Mbps simétricos
e televisión dixital multicanle de R.
Amais
cando tras o exercicio de 2021 se complete o despregamento en Padrón
no marco do Plan Avanza, a localidade coruñesa contará cuns 600
novos fogares e empresas con conexión ás redes de nova xeración do
operador galego.
A
día de hoxe, grazas a traballos de anos anteriores, xa dispoñen de
cobertura de R outros 827 fogares e empresas do municipio.