R incrementará os seus prezos en xaneiro

martes, 31 de decembro do 2024 Marcus Fernández

Exemplo de comunicación recibida por un cliente de R

Ao igual que Movistar comunicou subas de prezo a partir do 13 de xaneiro de 2025, dende o operador R están a dar conta dun incremento de prezo a partir do 22 de xaneiro de 2025, o que afecta ás liñas contratadas e tamén a servizos audiovisuais asociados.
Por exemplo, os usuarios que teñan contratada unha liña ilimitada de voz e datos pasarán a pagar 0,9 euros máis ao mes, os que conten coas opcións ocio TV e total TV a través de Agile TV tamén pagarán 1 euro máis ao mes, e tamén se repercute a suba de prezos de Netflix, de xeito que as tarifas Netflix estándar fan e Netflix premium pasarán a custar 14 e 20 euros/mes respectivamente.
Estas subas de prezo non están ligadas ao IPC como fan operadores como Vodafone, de xeito que supoñen un cambio nas condicións de contratación, o que permite aos consumidores non conformes a cambiar de compañía sen penalización.
En calquera caso, estamos ante incrementos de prezo que en xaneiro rexistrarán a meirande parte de compañías, coa excepción de Digi, que ao empregar como principal reclamo para captar clientes os seus prezos agresivos, manterá as tarifas actuais sen modificación.