R integra a oferta audiovisual de SkyShowtime
luns, 16 de decembro do 2024
A semana pasada dimos conta da integración de SkyShowtime na oferta audiovisual de MasOrange, e loxicamente o acordo acadado afecta tamén ao operador galego R, que a partir de hoxe permite aos seus clientes de televisión gozar dos contidos baixo demanda de SkyShowtime e tamén ca canle lineal co mesmo nome.
SkyShowtime pasa a incluÃrse na oferta actual Ocio TV/Total TV (servizo de televisión ofrecido por Agile Connect), asà como en calquera outra oferta de televisión activa que inclúe descodificador.
Entre os contidos reclamo de SkyShowtime destacan producións como Receta para un asesinato, Dexter: Original Sin (Dexter: pecado original), Landman (Landman: Un negocio crudo), Lioness, Mamen Mayo, Matices, The Agency (La Agencia), The Day of the Jackal (Chacal), El Especialista, The Madison e Tulsa King, asà como a serie de televisión Yellowstone, convertida en todo un referente do xénero western.