R presenta o seu novo servizo de 100 megas para as zonas non cubertas de Galicia

mércores, 10 de decembro do 2008

Arturo Dopico, conselleiro delegado de R, vai presentar este xoves, 11 de decembro, o novo servizo de Internet a 30 e 100 megas que o operador galego xa ofrece en zonas da Coruña, Lugo e Vigo e que se vai ampliar en 2009 a outros puntos da xeografía galega.
O acto de presentación deste servizo, cuxo obxectivo principal é “estender na comunidade galego os accesos ultrarrápidos á Rede”, terá lugar no Centro Principal de Operacións de R situado no Polígono de Agrela na Coruña.

PUBLICIDADE