R sitúase entre as empresas galegas máis comprometidas
martes, 24 de marzo do 2026
R volve figurar entre as compañÃas máis destacadas do Atlas Galego da Empresa Comprometida, tras acadar tres ou máis estrelas en cada un dos catro eixes avaliados (bo goberno, medio ambiente, contorna e persoas). A operadora intégrase asà no grupo de 17 empresas que suman 14 ou máis estrelas no estudo, que analiza 80 compañÃas cunha facturación agregada superior aos 56.000 millóns de euros, preto do 70 % do PIB galego.
O informe, presentado en Santiago de Compostela na súa sexta edición coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avalÃa o desempeño das empresas en materia de responsabilidade social corporativa e sustentabilidade. Neste contexto, R obtivo catro estrelas en bo goberno, cunha puntuación máxima en ética empresarial; tres estrelas en medio ambiente, destacando en eficiencia enerxética e planificación ambiental; catro estrelas en contorna, con recoñecemento á súa relación con axentes sociais, aposta pola innovación e uso do galego; e tres estrelas no ámbito das persoas, onde sobresae polas condicións laborais e a participación dos traballadores nos beneficios.
Este resultado sitúa a compañÃa ao nivel doutras grandes corporacións galegas como Inditex, Abanca ou Gadisa, e reflicte, segundo fontes da empresa, un modelo baseado na innovación, o talento e o impacto positivo no territorio. O estudo tamén pon de relevo o peso das compañÃas analizadas na economÃa galega, tanto polo seu volume de negocio como pola súa capacidade de influencia.
Durante a presentación, o titular do Executivo autonómico destacou a importancia de contar cun tecido empresarial comprometido para garantir un crecemento sostible. «Galicia pode crecer e crecer ben», afirmou, incidindo na necesidade de reforzar a colaboración público-privada. Rueda subliñou tamén que cada vez máis empresas buscan compatibilizar a rendibilidade económica con obxectivos sociais e ambientais que deixen «pegada na terra».
O presidente fixo referencia, ademais, ao contexto económico internacional, marcado polo conflito en Oriente Medio, e avanzou que a Xunta está a traballar en medidas de apoio aos sectores máis afectados, especialmente no relativo ao capital circulante, as inversións e as dificultades nas cadeas loxÃsticas.
O Atlas Galego da Empresa Comprometida consolÃdase asà como unha ferramenta de diagnose do comportamento empresarial en Galicia, nun momento no que indicadores como o crecemento económico (2,6 % no último ano), a redución do paro ou o incremento das exportacións reforzan o papel das empresas como motor do desenvolvemento da comunidade.
