RAMBack permite liberar a memoria usada por Firefox
martes, 23 de xuño do 2009
Os
usuarios do navegador Firefox de Mozilla en case todas as súas versións veñen
detectando un molesto defecto na aplicación, que tras un uso intensivo tende a
deixar memoria RAM sen liberar, mantendo recursos do sistema ocupados e incluso
chegando a un nivel no que o programa funciona a unha velocidade reducida, polo
que crearon un engadido
chamado RAMBack, que engade a opción Clear
Caches no menú de Ferramentas da
aplicación, borrando da memoria información sobre as páxinas web que visitamos
na nosa navegación na sesión actual, reducindo drasticamente a cantidade de
memoria RAM e o uso de CPU da aplicación.