RED prepara un smartphone con pantalla holográfica
xoves, 6 de xullo do 2017
Unha
das compañÃas de cámaras para fotografÃa e cine dixital de maior reputación a
nivel mundial, RED, sorprende anunciando un produto que, de mencionalo outra
compañÃa o tomariamos directamente coma fume, xa que aseguran que o seu Hydrogen será o primeiro dispositivo de
comunicación holográfico multidimensional, que poderá levarse no peto e non
precisará de lentes, chegando incluso a abrir a súa reserva a un prezo de
1.195 dólares para a versión en aluminio e de 1.595 dólares para a versión en
titanio (1.047 e 1.397 euros respectivamente sen contar nin portes nin
impostos)
Aseguran que este trebello serÃa o futuro da comunicación persoal, unha especie
de smartphone con Android con pantalla holográfica de 5,7 polgadas, que poderÃa
amosar contido holográfico, contido 3D e xogos interactivos, servindo tamén
para a realidade virtual, a realidade aumentada e a realidade mixta sen
necesidades de lentes, e completando esta incrible promesa cun sistema de audio
que consideran que achega mediante auriculares un son comparable ao do son
envolvente 5.1.
RED tamén ofrecerá unha canle para o contido holográfico que poderase ver con
este dispositivo, o Hydrogen One, que ten previsto ver a luz no primeiro
trimestre de 2018, e do que confiamos saber máis nos vindeiros meses.