RIM presenta un terminal BlackBerry máis social
mércores, 9 de maio do 2012
A canadense RIM anunciou hoxe o seu terminal BlackBerry
Curve 9320, un novo smartphone
orientado a usuarios activos social, que ofrece todas as caracterÃsticas de
mensaxerÃa e redes sociais propias de BlackBerry, conectividade 3G e unha
baterÃa que permitirÃa que os usuarios puidesen estar todo o dÃa conectados (a
súa autonomÃa serÃa de ata 7 horas de conversa e 30 horas de reprodución
musical con auriculares).
A vocación social do Curve 9320 resulta evidente na súa tecla dedicada ao
BlackBerry Messenger, facilitando o acceso á plataforma social de RIM ao
instante. Tamén integra sintonizador de radio FM, cámara con flash e gravación
de vÃdeo e GPS.
Para facilitar a comunicación cos coñecidos, o novo terminal inclúe a nova aplicación
Social Feeds 2.0 pre instalada, permitindo publicar en varias redes sociais á
vez e capturar actualizacións dende distintas fontes RSS, aplicacións sociais e
aplicacións de mensaxerÃa instantánea de xeito unificado.
O novo smartphone de RIM opera con
BlackBerry 7.1 OS e inclúe a posibilidade de compartir a súa conexión de banda
larga móbil establecendo un punto de acceso Wi-Fi de ata 5 dispositivos.
VÃdeo de presentación do móbil BlackBerry Curve 9320