RØDE Connect converte o ordenador nunha mesa de mesturas para micrófonos USB
mércores, 14 de abril do 2021
Dende RØDE
están a presentar unha solución de software para a gravación de podcasts e a
realización de retransmisións a través da Internet empregando micrófonos NT-USB Mini
que pode resultar moi interesante, xa que RØDE Connect permite conectar
até 4 micrófonos USB a un ordenador e poder controlalos a través dunha
interface inspirada na consola RØDECaster Pro, soportando incluso a
posibilidade de xestionar canles virtuais (ou sexa, que poderÃa integrarse como
fonte de audio sinais procedentes de
aplicacións como Zoom ou Google Hangouts para incorporar a interlocutores
remotos e para incluÃr audio de fontes externas).
RØDE Connect é unha aplicación para PC e Mac totalmente de balde, e actualmente
está limitada a micrófonos NT-USB Mini, permitindo que nun ordenador poidan
mesturarse os sons recollidos polos distintos micrófonos cos seus
correspondentes controis de volume e a súa monitorización, incorporando aos
distintos sinais de xeito automático a supresión do son de retorno para evitar
ecos, e converténdose nunha das solucións máis atractivas do mercado.
Esta solución tamén pode resultar moi práctica para streamers que desexen
un bo control do son que emiten sen unha grande complexidade técnica.
Podemos considerar que esta aplicación informática é o meirande incentivo
posible para facerse con micrófonos NT-USB Mini, que xa contaban con boas
prestacións, pero que agora gañan moitas posibilidades. Para facer máis doado o
uso de varios micrófonos nun único equipo, dende RØDE venderán uns accesorios de
goma de cores para identificar claramente os distintos micrófonos e os seus
conectores.
- RØDE Connect é unha ferramenta ideal para gravar podcasts dende o ordenador
VÃdeo promocional da aplicación RØDE Connect