RØDE potencia o uso do iPhone como cámara de vÃdeo
luns, 15 de abril do 2024
Dende RØDE parecen convencidos de que os dispositivos móbiles teñen un grande peso como cámaras de vÃdeo, e presentan un par de accesorios para dotar aos smartphones de maiores facilidades para a captación de vÃdeo de calidade empregando accesorios.
Por unha banda temos a Phone Cage, unha gaiola magnética que facilitan o agarre do smartphone durante as gravacións, asà como a posibilidade de engadir micrófonos e luces a través das súas zapatas. Para suxeitarse ao móbil conta cun disco magnético potente, polo que temos claro que a intención da xente de RØDE é que este accesorio se empregue co iPhone, tirando proveito da tecnoloxÃa MagSafe.
O produto chegará á venda este mesmo mes, e o seu prezo recomendado será de 149 euros.
Tamén é bastante semellante o Magnetic Mount, un sistema de montaxe magnético que tamén está deseñado pensando en tirar proveito do MagSafe, que pemriten engadir luces, micrófonos e outros accesorios a un iPhone a través de até 3 brazos extraÃbles.
Este accesorio é máis compacto e transportable, e sairá á venda en poucos dÃas a un prezo recomendado de 110 euros.
RØDE parece ter moi clara a alta demanda de accesorios para empregar o iPhone como cámara de vÃdeo, e dado que esta compañÃa comercializa numerosos micrófonos aptos para o seu uso co smartphone, lanzar ao mercado produtos que faciliten a súa integración pode ser un importante tractor para as vendas da marca.