RØDE prepara unha nova consola para a realización audiovisual
xoves, 6 de novembro do 2025
Nos últimos anos RØDE conseguiu consolidarse como unha das marcas de referencias no mundo do podcasting, o que levou a que lanzase unha serie de interfaces e mesturadores de audio chamada RØDECaster, con distintas posibilidade para facer cómoda e doada a gravación de podcasts e a realización de directos.
Nesta liña colocaron no mercado a RØDECaster Video, unha consola que non se limita ao audio, senón que tamén integra 4 entradas HDMI para sinais de vÃdeo Full HD, 2 portos flexibles USB-C para poder conectar outras fontes de audio e vÃdeo adicionais (como webcams) e incluso pode controlar ata catro entradas de vÃdeo a través de Ethernet empregando o protocolo NDI (moi práctico para controlar cámaras PTZ ou incluso para empregar smartphones a xeito de cámara). Con estes sinais (e os de audio) a consola permite alternar entre escenas, reproducir medios, realizar superposicións gráficas e aplicar efecto de chroma, converténdose nun estudio de produción audiovisual compacto e portátil.
Pero este produto dirixido ca a escenarios bastante esixentes, non está ao alcance de calquera, principalmente polo seu prezo (véndese a 1.279,99 euros), polo que RØDE está a preparar unha versión compacta e máis económica, a RØDECaster Video S, que nos EE.UU. terá un prezo de 499 dólares (polo que en Europa poderÃa venderse por menos de 600 euros) e, aÃnda que non soportará tantas entradas de vÃdeo como o seu irmán maior (limÃtase a 3 entradas HDMI e unha USB-C) e reduza o número de escenas que poden preconfigurarse, resulta un produto máis que suficiente para a realización de directos a través da Rede, e incluso conta con opcións de conmutación de cámara automática (en función de quen estea a falar nun podcast) para escenarios nos que non se poida contar cun operador para alternar cámaras en directo.
ACTUALIZACIÓN (10-11-2025): A RØDECaster Video S figura finalmente na tenda en liña do fabricante a un prezo oficial de 529,99 euros, con envÃo estimado no mes de decembro.

- Podcasts e pequenas producións audiovisuais terán máis doado a súa realización en vivo coa RØDECaster Video S
