RØDE presenta unha consola para a produción de videopodcasts
martes, 24 de setembro do 2024
RØDE conseguiu un grande éxito coas súas mesas de son orientadas ao podcasting, o que lles levou a lanzar o ano pasado un produto que facÃa as funcións de interface de audio profesional e capturadora de vÃdeo chamado Streamer X, que entendemos que tivo unha acollida tan boa como para facer que a marca continúe a avanzar na mesma liña coa RØDECaster Video, una consola de producción todo-en-un que pretende satisfacer a demanda dos creadores que apostan polos videopodcasts.
En esencia, a RØDECaster Video é unha mesturadora de vÃdeo á que se lle poden conectar até 4 fontes de vÃdeo por HDMI e dúas entradas USB-C (á que poden conectarse webcams) sumando 6 entradas de vÃdeo simultáneas, asà como tamén permite a carga de vÃdeos e grafismo a través de tarxetas microSD. A nivel de audio, permiten a conexión de 2 micrófonos XLR con calidade de estudio e tamén integra 2 receptores internos para micrófonos sen fÃos de RØDE, conseguido asà unha grande versatilidade.
Este dispositivo tanto pode alternar fontes de vÃdeo como aplicar efectos de substitución de fondo, conta con opcións intelixentes de cambio de cámara en función da fonte de son (para que apareza en pantalla a persoa que está a falar en cada momento), pode transmitir vÃdeo vÃa Wi-Fi e Ethernet, asà como gravar tanto a mestura como as fontes de vÃdeo por separado en unidades de almacenamento por USB.
Temos asà unha solución que, en vez de buscar ser un estudio audiovisual completo, está especialmente orientados aos videopodcast con poucos participantes, que queiran coidar a calidade sonora, e que incluso poida configurarse detalladamente a distancia mediante un PC.
O RØDECaster Video aÃnda tardará varias semanas en chegar ás tendas, e o seu prezo de venda será de 1.290 euros, o que pode parecer elevado, pero cómpre ter en conta que estamos ante un produto que non precisa dun ordenador para funcionar, podendo traballar de xeito autónomo para directos e gravacións, o que fai que en moitos escenarios resulte unha solución ideal polo seu formato compacto e a súa simplicidade de uso.
VÃdeo promocional da RØDECaster Video