RTVE empregará a IA para dar información electoral dos concellos cataláns máis cativos

venres, 10 de maio do 2024 Marcus Fernández

Dende RTVE van aproveitar os comicios electorais cataláns para continuar a desenvolver unha proba de concepto, RTVEIA, na que colaboran as empresas tecnolóxicas Narrativa e AWS, a ONCE e as universidades públicas de Castela A Mancha e Lleida para xerar contidos informativos de xeito automático grazas á intelixencia artificial, de xeito que poboacións catalás de menos de 10.000 habitantes poderán gozar de información sobre os resultados nas súas localidades, que antes non se cubrían.
Cando comecen a recibir os datos do escrutinio electoral do vindeiro domingo, os datos oficiais comezarán a transformarse en información en español e catalán veraz e útil, acompañando o texto con imaxes e gráficos para facilitar a comprensión dos resultados, os posibles pactos ou incluso comparar con outros comicios anteriores.
Cómpre salientar que este sistema conta en todo momento coa supervisión de profesionais de RTVE para certificar o control editorial e verificar a calidade informativa e visual.