Radio-espertador con Wi-Fi de iLuv

xoves, 4 de decembro do 2008 Marcus Fernández

A xente que non está conforme coa oferta radiofónica tradicional ten na Internet un xeito ideal para ampliar o número de emisoras dispoñibles, de aí que se comercialicen trebellos como a radio-espertador iNT170 de iLuv, que conta con conectividade Wi-Fi e Ethernet para poder sintonizar máis de 15.000 emisoras de radio (con 8 memorias configurables) e podcasts, permitindo tamén a recepción de radio FM, a programación de dúas alarmas, a actualización do seu reloxo a través da Internet e a posibilidade de utilizalo para espertar escoitando un pitido, radio FM ou unha emisora por Internet.
O dispositivo inclúe 2 altofalantes jAura de 2,5 vatios, toma de auriculares e incluso unha entrada de liña para poder aproveitar os seus altofalantes para o noso reprodutor multimedia portátil. Ten un deseño bastante elegante, mide 34,3 x 14,7 x 16,8 centímetros, pesa 2,4 quilogramos e se vende por 199 dólares.

PUBLICIDADE