Rafael Valcarce, elixido presidente do Clúster TIC de Galicia

venres, 12 de febreiro do 2010 Raquel Noya

Na asemblea xeral extraordinaria celebrada onte en Compostela, as asociacións tecnolóxico-dixitais máis importantes de Galicia decidiron elixir a Rafael Valcarce presidente do Clúster TIC de Galicia, unha entidade que nace coa intención de converterse nun referente das novas tecnoloxías do noso país.
Valcarce, que na actualidade preside unha das empresas de telecomunicacións máis importantes, non só do noso país, senón tamén de España, como é Arteixo Telecom, conta cunha traxectoria impecable no campo das TIC, algo que o levou a facerse tamén coa presidencia do consello territorial de AETIC en Galicia (AETIC-Galicia).

PUBLICIDADE