Rainbow Islands rexurde na Xbox 360
mércores, 28 de outubro do 2009
O Bazar de Xbox LIVE Arcade
recibe hoxe a Rainbow
Islands: Towering Adventure, un remake do clásico de Taito que chegara ás máquinas recreativas coma
secuela de Bubble Bobble, e que ten
unha mecánica bastante orixinal, xa que é un título de plataformas na que o
protagonista debe desprazarse verticalmente coa axuda de arcos da vella que
pode crear para andar sobre os mesmos, pero que desaparecen aos poucos segundos.
O xogo transcorre en 10 áreas diferentes e conta con 4 modos de xogo, de xeito
que podemos superar as distintas fase no Modo Historia, en Contrarreloxo ou en
Desafío, existindo tamén un modo multixogador no que dous usuarios na mesma
consola (con 2 mandos) poden competir por ver quen acada antes o seu obxectivo
ou cooperar na súa misión.
Este xogo arcade xa conta
cunha versión de demostración, de xeito que os interesados en
adquirilo por 800 puntos (9,6 euros) poden botar antes unha ollada a este
interesante título, para comprobar en primeira persoa se a adaptación deste
clásico convence e resulta tan aditivo coma o título orixinal.