Rapa e As Neves, grandes protagonistas da gala dos XXIII Mestre Mateo
luns, 17 de marzo do 2025
A serie Rapa, dirixida por Jorge Coira e Javier Cámara, foi finalmente a gran triunfadora da gala dos XXIII Premios Mestre Mateo, celebrada este sábado 15 de marzo en LalÃn: unha gala sobre audiovisual que puxo o foco na importancia cada vez maior das plataformas (onde triunfaron contidos galegos que tiveron un longo percorrido no ámbito streaming como as gran protagonistas da noite: Rapa e As Neves) e que tamén foi un clamor contra o proxecto da pasteira Altri en Palas de Rei.
A serie Rapa producida por Portocabo TV e a plataforma Movistar Plus e creada e escrita por Pepe Coira e Fran Araújo fÃxose con once galardóns na noite do audiovisual galego. Entre eles, Mellor Serie de Televisión, Mellor Guión para os tamén creadores da serie Pepe Coira e Fran Araújo e Mellor dirección, para Jorge Coira e Javier Cámara. A terceira tempada da serie conclúe un ciclo no que todas as súas entregas foron recoñecidas co galardón de Mellor Serie.
A gala dos XXIII Premios Mestre Mateo celebrouse este ano en LalÃn, por primeira vez fóra da contorna das grandes cidades grazas ao apoio do Concello de LalÃn, da Deputación de Pontevedra e AGADIC - Xunta de Galicia e foi emitida en directo pola Televisión de Galicia.
Rapa partÃa como unha das favoritas da noite, con 18 candidaturas, e foi a obra máis premiada. O thriller rodado na comarca de Ferrol destacou tamén nas categorÃas de interpretación, os premios de Mellor Interpretación Feminina Protagonista e Mellor Interpretación Masculina Protagonista e de reparto recaeron en Mónica López, DarÃo Loureiro e Diego Anido polos seus papeis na serie.
Tamén brillou nas categorÃas técnicas conseguindo o recoñecemento a Mellor Dirección de FotografÃa para Jaime Pérez, Mellor Dirección de Produción para Ana MÃguez, Mellor Maquillaxe e PerruquerÃa para Fanny Bello e Gemma Márquez, Mellor Montaxe para Gaspar Broullón, Lu RodrÃguez e Jorge Coira e Mellor Música Orixinal para Xavi Font.
A longametraxe As Neves, de Sonia Méndez, foi outra das vencedoras da noite con tres premios, Mellor Longametraxe para a produción de Cósmica e Aquà y Allà Films coa participación da TVG, Mellor Interpretación Feminina deReparto para a actriz LucÃa Veiga, que recolleu o seu terceiro Premio Mestre Mateo consecutivo, e Mellor Son para David Machado, que tamén repite premio, Javier Pato e Daniel Fernández.
As Neves foi un dos hits da pasada tempada nas plataformas tecnolóxicas, por exemplo en Max, onde tivo a súa estrea en setembro de 2024, tal e como informamos dende Código Cero.
Quen tamén dobrou galardón na noite do audiovisual galego foi o equipo de Tratamos demasiado bien a las mujeres, co premio a Mellor Vestiario para Maite Tarilonte e Mellor Dirección de Arte, para Curru Garabal.
Nas categorÃas de curtametraxes, as premiadas foron Pura, de Carmen Méndez, premio a Mellor Curtametraxe de imaxe real e Eu vou comigo, de Abano Producións, premio a Mellor Curtametraxe de Animación.
Filmei paxaros voando, dirixido por Zeltia Outeiriño e producido por Sétima e Ringo Media coa participación da TVG fÃxose co premio a Mellor Documental. Pola súa banda, Recollendo músicas gañou a Mellor Programa e Poscoito gañou a Mellor Serie Web. Na categorÃa de Mellor Videoclip o premio foi para Marimondra, de Mondra e Adela Otero.
O galardón a Mellor Comunicador foi para Juan Fuentes, por Quen anda aÃ?; Mellor Realización para Marcos Nine por Historias de Aquà e Mellor Anuncio publicitario para Non pode ser máis de aquÃ, de Real Club Celta e Verve Creative Group.
Un dos momentos máis emocionantes da gala foi a entrega do Premio de honra á script Encarna Alonso, que recolleu o galardón das mans do cineasta Carlos Amil. A gala de entrega de premios foi presentada por Teté Delgado baixo a dirección da coreógrafa Marta Alonso. O artista Baiuca foi o encargado de poñer música á noite do audiovisual galego.